sfANTROP/CULTProceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra.
sfQUÍM/FÍSTransporte de materia que se produce polo movemento molecular ao azar dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde é máis baixa, ata chegar a unha igualdade de concentracións.
sfFÍSAlteración da distribución dunha radiación que se propaga en múltiples direccións despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.
sfIND/TECNOLEtapa da extracción do azucre en que se deixa a remolacha en contacto con auga quente co fin de disolver a sacarosa.
sfCOMUNNúmero total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista.
difusión facilitadaBIOQTransporte de moléculas a través da membrana celular, que non require o consumo de enerxía.
difusión simpleBIOQMecanismo que consiste na difusión de moléculas pequenas, solubles nos lípidos, a través da matriz lipídica da membrana celular.