diésel

< antropónimo Rudolf Diesel
Plural: diéseis
  1. adx TECNOL Aplícase ao motor de combustión interna en que o combustible se inxecta á cámara de combustión, onde hai aire que está comprimido polo pistón. A compresión aumenta a temperatura do aire, polo que o combustible, que entra vaporizado mediante a inxección, inflámase espontaneamente. Tm s m.
  2. adx Que ten motor diésel. Tm s m.
  3. s m TRANSP Carburante que se emprega para a combustión nos vehículos de motor diésel.

Citas

  • Botou dez euros de diesel
  • Comprou un diesel aínda que lle saíu un pouco máis caro

Formas incorrectas

diesel

Palabras veciñas