diástole

< lat diastŏle gr διαστολ ή ‘dilatación’
Plural: diástoles
  1. s f FISIOL Fase da actividade cardíaca na que os músculos, tanto das aurículas como dos ventrículos, se relaxan, polo que as aurículas se enchen de sangue que chega polas veas.
  2. s f LIT Licenza poética que consiste en facer longa unha sílaba breve.
  3. s f LING Cambio do acento dunha palabra para a sílaba seguinte.