diáspora

< gr   διασπορά‘dispersión’
Plural: diásporas
  1. s f p ext Dispersión dun grupo étnico, relixioso ou cultural fóra do seu lugar orixinario.
  2. s f BIOL Complexo orgánico formado por un ser vivo, as máis das veces por unha planta, destinado á propagación e conservación da especie.
  3. s f RELIX Conxunto das comunidades xudías dispersas por todos os lugares do mundo fóra de Palestina.

Citas

  • Hai moitos galegos da diáspora que non volveron á terra