diagnóstico -ca

Plural: diagnósticos Masculino: diagnóstico Masculino plural: diagnósticos Feminino: diagnóstica Feminino plural: diagnósticas
  1. adx Relativo ou pertencente á diagnose.
  2. s m [MED] Acción e efecto de recoñecer a natureza dunha enfermidade polos seus síntomas e signos.
  3. s m Formulación dunha hipótese a partir da observación de certos indicios.
  4. diagnóstico pedagóxico [PEDAG] Diagnóstico que reúne diversos métodos e actividades que examinan a acción pedagóxica nos seus efectos.
  5. diagnóstico psicolóxico [PSIC] Diagnóstico que reúne os métodos de determinación das diferenzas inter e intraindividuais respecto das distintas variables psicolóxicas.