Intervalo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixe.
Espazo de tempo que emprega un astro en dar unha volta completa sobre o seu eixe.
smDuración dun día solar que comeza na medianoite e comprende vinte e catro horas.
smData en que se conmemora algún acontecemento.
día de ano novoPrimeiro día do ano, o 1 de xaneiro.
día de ano velloDerradeiro día do ano, o 31 de decembro.
día laborableDía de traballo, non festivo.
día de defuntosDía en que se lembran os familiares falecidos, o 2 de novembro.
día de festa/feriado/santoDía, sen ser domingo, en que non se traballa por celebrarse unha festa ou por conmemorarse un acontecemento.
día de NadalDía da Natividade do Señor, o 25 de decembro.
día de ReisDía da Epifanía do Señor, o 6 de xaneiro.
día de todos os SantosO 1 de novembro.
día do SeñorDía que se consagra ao culto divino. Para os cristiáns é o domingo.
día eclesiásticoDía que, polo culto eclesiástico, se conta de medianoite a medianoite, se ben a celebración do domingo e das solemnidades comeza xa á hora da vixilia do día precedente.
día hábilDía en que se poden practicar actuacións xudiciais ou administrativas.
día inhábilDía en que está suspendido o traballo nos xulgados e tribunais e no que, polo tanto, non se poden realizar actuacións administrativas pero si actuar nas causas criminais.
día intercalarDía que se engade ao final do mes de febreiro nos anos bisestos.
día lectivoDía en que se dá clase nos centros de ensino.
día naturalCalquera dos 365 días do ano (366 nos bisestos) que para os efectos administrativos poden ser hábiles ou inhábiles.
smTempo que dura a claridade do sol.
smTempo atmosférico, referido a un día determinado.