dexeneración

< lat degeneratĭone
Plural: dexeneracións
  1. s f Acción e efecto de dexenerar.
  2. s f
    1. PAT Cambios producidos nas células, tecidos ou organismos que se manifestan polas modificacións da estrutura morfolóxica, física ou química.
    2. BIOL Redución ou perda dun órgano ao longo da evolución.
  3. dexeneración da enerxía FÍS Propiedade dun sistema pola que hai diferentes estados que teñen a mesma enerxía. O número de estados dun destes niveis de enerxía é a dexeneración do nivel.
  4. dexeneración macular PAT Trastorno progresivo do tecido retiniano que corresponde á mácula lútea, e que se produce por unha descomposición parcial da capa illante entre a retina e a coroide.
  5. dexeneración mental PAT Debilitamento da intelixencia e da consciencia que pode producir tamén transtornos volitivos e afectivos.

Confrontacións