deuterio

< gr δεύτερος ‘segundo’
Plural: deuterios
  1. s m QUÍM Isótopo do hidróxeno, dúas veces máis pesado ca este, cun protón e un neutrón no núcleo, de masa atómica 2,016. Ten as mesmas propiedades que o hidróxeno, pero a súa gran masa atrasa as reaccións. OBS: Tamén se denomina hidróxeno pesado.
  2. óxido de deuterio QUÍM Composto químico que contén dous átomos de deuterio e que se utiliza como trazador do comportamento das reaccións químicas e bioquímicas nas que intervén o hidróxeno, en reaccións termonucleares e para o marcado isotópico de moléculas. OBS: Tamén se denomina auga pesada.