sMITSer superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto.
smRELIXSer supremo. O concepto de Deus, que naceu como resposta ao misterio da existencia, pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo).
sPersoa ou cousa pola que se sente veneración.
Citas
Ese xogador é como un deus para os afeccionados do seu equipo
Refráns
A Marica Montón Deus llo dá, Deus llo quita e Deus llo pon.
A quen Deus quere axudar, O vento apáñalle a leña.
A quen Deus quere ben, a sorte buscalo vén.
A quen Deus quere ben, cáelle a sopa no mel.
A quen Deus quere, a casa tella.
Alá me leve "Dios" onde nos atopemos todos nós.
Cada un coida o seu negocio e Deus o de todos.
Cada un é para si e Deus para todos.
Cando Deus amañece, para todos amañece.
Cando Deus dá a chaga, dá o remedio para sanala/curala.
Cando Deus dá a fariña, vén o demo e quítaa.
Cando Deus dá, non é migalleiro.
Cando Deus dá, para todos dá.
Cando Deus non quere, os santos non axudan.
Cando Deus quere, con tódolos ventos chove.
Cando Deus quería, eu ben lonxe cuspía; agora que non podo, cuspo ao meu modo.
Cando é de morte o mal ¡de Deus lle veña o remedio!
Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
Dá Deus ás á formiga para que morra máis axiña.
Dáo Deus na eira e tólleo Marta na amasadeira.
De hora en hora Deus mellora.
De,us nos dea con que riamos, que bos traballos pasamos.
Déao Deus na eira e cózao Marta na lareira.
Despois de "Dios", o pote, a cazola e nós.
Despois de Deus a ola; todo o demais é parola.
Deus castiga e non dá pauso
Deus castiga ÓS que ben quere.
Deus castiga sen pau e sen pedra.
Deus comigo, eu con el, el primeiro, eu tras del.
Deus consente ata ao que mente.
Deus dá o frío a conforme é o abrigo.
Deus dá o frío segundo é a roupa.
Deus dá para todos.
Deus dea paciencia e mal sen interquenencia.
Deus é bo pagador.
Deus é grande; e o mundo, pequeno.
Deus fai a mercede, mais tamén algo quere.
Deus molla os xustos e os pecadores, o mesmo polos días que polas noites.
Deus no ceo e na terra o diñeiro.
Deus non axuda ao que non se axuda.
Deus non é vello, pois nace tódolos anos.
Deus non queda con nada de ninguén.
Deus non ten toueas mais quita dunhas e pon noutras.
Deus nos dea ira, que paciencia xa a ternos.
Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán.
Deus que nos ten acá, sen mantenza non nos deixará.
Deus todo o oe e todo o ve e dálle ao home o que convén.
Deus todo o sabe, inda que todo o cale.
Deus vai dereito polo camiño torto.
Deus, que dá para a cea, dá tamén para a candea.
En canto un vai e outro vén, Deus dá o seu parabén/o seu ben.
En Deus espera pero, mentres, arrenda.
En pequen a hora Deus obra e mellora.
Hoxe mal, mañá peor: ¡vállanos noso Señor!
Máis Ile vale a quen Deus axuda que a quen moito madruga.
Mellor vai quen Deus axuda, ca que n moito madruga.
Non é o que a lúa pinta, que é o que Deus dicta.
Non fere Deus coas dúas mans.
Non hai mal a onde Deus non acuda.
O home propón e Deus dispón.
O que estea de Deus non o leva o demo.
Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servilos, senón o que serve a entrambos.
Se Deus non me quere, o demo me roga.
Se Deus quer, non nos ha faltar que comer.
Sempre Deus pon o remedio, onde a morte a enfermidade.
Tocan á misa: Deus nos perdoe, se non podemos oíla.
Vale máis quen Deus axuda ca que n moito madruga.
¡Deus di ante e o carro que cante!
¡Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar!
¡Deus perdoe ÓS mortos e con saúde os enterremos!
¡Deus sexa louvado, que témo-Io curral estrado!
¡Deus vos manteña e máis que veña!
¡Fortuna che dea Deus, fillo, que o saber pouco che abonda!
¡Que Deus te socorra e a min que non me desampare!