determinismo

< determinar
Plural: determinismos
  1. s m FILOS Doutrina e sistema filosófico que considera calquera fenómeno como o resultado necesario dun conxunto de circunstancias que poden expresarse e sintetizarse nunha serie de leis universais.
  2. s m XEOG Corrente de pensamento xeográfico que tenta explicar os fenómenos e os comportamentos humanos en función da influencia decisiva das condicións naturais.
  3. s m LING Teoría lingüística que defende a idea de que a estrutura da lingua materna dun falante determina o modo en que este pensa e percibe o mundo que o rodea.