sfProdución de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.
agricultura a tempo parcialTipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.
agricultura biolóxica/ecolóxica/orgánicaPráctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.
agricultura de invernadoiroAgricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.
agricultura de secaño/ preintensivaSistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.
agricultura de subsistenciaAgricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.
agricultura extensivaSistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.
agricultura intensivaSistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.
Refráns
A caste da horta sae da corte pola porta.
A cebada na lameira, o trigo na poeira.
Agosto pasou: quen mallou, mallou.
Ano de ameixas, todas son queixas.
Ano de brevas, nunca acá veñas / nunca o vexas.
Ano de landeira, ano de laceira.
Ano de néboas, ano de medas.
Barbeitar, antes que empece a xear.
Canto mellor arrendes, mellor colleita terás.
Cava fondo e terás anada de abondo.
Cava fondo e terás colleita abondo.
Cava, labor e barbeito en maio han de estar feitos.
Cávame tarde, bimame cedo e pagareiche o que che debo -díxolle a viña ao labrego.
Caves ben ou caves mal, cava no carreiral.
Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral.
Dáo Deus na eira e tólleo Marta na maseira.
Decrúame tarde, arréndame cedo e pagareiche o que che debo -dixo na terra o millo.
Díxolle o millo á terra: Decrúome tarde, arréndame cedo, e pagareiche o que che debo.
En abril e maio faí fariña para todo o ano.
Este ir e vir á horta tráeme morta.
Hoxe bouza e mañá cadaval.
Labra feita, bois ao monte.
Maio frío, moito trigo.
Maio hortelán, moita folla e pouco gran.
Maio pardo, ano farto.
Maio pardo, sinal de bo ano.
Maio un pouco frío cría trigo pero, se é moi frío, nin palla nin trigo.
Máis eolleita dá o ano có campo ben traballado.
No marzo abrigo, na eira pantrigo.
O home, na leira; a muller, na lareira.
O pan que foi ben sachado enche o hórreo do seu amo.
O pan raro carga o carro.
O pe do dono é esterco para a leira.
O que mal decrúa, na arrenda o súa.
O queixo hase mercar na queixeira; e o trigo, na eira.
O queixo, na queixeira; e o centeo, na eira.
Os campos han de estar brancos polo mes de santos.
Pan para maio e leña para abril; e o mellor cepón, para marzo o compón.
Pola santa Mariña deixa a sacha e colle a fouciña.
Pola santa Mariña dixo a cebola: Báixame a porretiña