desterro

< desterrar
Plural: desterros
  1. s m Acción de desterrar ou desterrarse.
  2. s m Situación ou estado da persoa desterrada.
  3. s m Lugar onde vive a persoa desterrada.

Confrontacións

Citas

  • Condenárono ao desterro en Francia
  • Durante o seu desterro, Castelao estreou a peza Os vellos non deben de namorarse (1941) no Teatro Mayo de Bos Aires
  • Publicou todas as súas obras no desterro
  • Vive nun desterro e case non recibe visitas