desprazamento

< desprazar
Plural: desprazamentos
  1. s m Acción e efecto de desprazar ou desprazarse.
  2. s m MAR olume de auga que despraza un barco.
  3. s m PSIC Mecanismo inconsciente que fai que unha carga afectiva pase do seu obxectivo real a un elemento substitutivo.
  4. corrente de desprazamento FÍS Tipo de corrente eléctrica que ten lugar nun material cando se lle aplica un campo eléctrico variable co tempo.
  5. desprazamento angular FÍS Ángulo, medido en radiáns, en que un corpo ou liña foi rotado nun sentido específico ao redor dun determinado eixe.
  6. desprazamento cara ao vermello ASTRON Desprazamento cara a lonxitudes de onda máis grandes que experimentan as liñas do espectro dun obxecto estelar.
  7. desprazamento continental XEOL deriva continental.
  8. desprazamento de localidade URBAN Desprazamento dunha poboación da súa localización orixinal a outra.
  9. desprazamento eléctrico FÍS Magnitude vectorial que, no seo dun campo eléctrico E , é igual ao produto do campo pola permisividade do medio, D = ε E . OBS: Tamén se denomina densidade de fluxo eléctrico ou indución eléctrica.
  10. desprazamento químico/reacción de desprazamento QUÍM Reacción en que un átomo ou molécula se substitúe e se libera por outro átomo ou molécula.