despezamento

< despezar
Plural: despezamentos
  1. s m Acción de despezar.
  2. s m ARQUIT Disposición dos perpiaños nun paramento e das doelas nun arco ou nunha bóveda.
  3. TECNOL
    1. s m Plano ou conxunto de planos en que están representadas todas as pezas que forman parte dun conxunto ou dunha máquina.
    2. despezamento telescópico Despezamento en que a representación se fai empregando a perspectiva e dispoñendo as pezas, de maneira que os lugares que ocupan sobre o plano sexan a prolongación coaxial do lugar onde están montadas.

Palabras veciñas