agregado -da

< agregar
Plural: agregados Masculino: agregado Masculino plural: agregados Feminino: agregada Feminino plural: agregadas
  1. p reg agregar.
  2. s Funcionario adscrito a un posto ou praza do que non é titular.
  3. s Profesor de bacharelato ou universitario de rango inmediatamente inferior ao de catedrático.
  4. s Funcionario adscrito a unha función diplomática que desenvolve as funcións propias da súa especialidade.
  5. s m Conxunto de cousas homoxéneas que forman un corpo.
  6. s m Conxunto ou suma de diferentes cousas ou persoas.
  7. s m QUÍM Material constituído pola mestura ou xustaposición macroscópica de dous ou máis compoñentes diferentes, que son esencialmente insolubles un no outro.
  8. agregado cristalino XEOL Agregado en que os elementos reunidos son cristais de pequenas dimensións.
  9. agregado cristalino regular XEOL Asociación de cristais segundo unhas determinadas liñas xeométricas de simetría.
  10. agregado diplomático POLÍT Persoa que serve na última categoría da carrreira diplomática.

Citas

  • A masa do albanel é un agregado de area, cemento e auga
  • Comezaron as prácticas un grupo de agregados da escola náutico-pesqueira
  • Hoxe dános clase o agregado de matemáticas
  • O agregado militar inglés visitou a Illa de Arousa
  • O agregado ten o rango inmediatamente inferior ao catedrático
  • Todos estes forman un agregado de problemas de física
  • Unha vez agregados os datos que faltaban, resolveu o problema

Palabras veciñas