desorde

< des- + orde
Plural: desordes
  1. s f Ausencia de orde material.
    1. s f Funcionamento anormal de algo.
    2. desorde de ansiedade MED Preocupación desmesurada polos acontecementos que teñen lugar na vida, acompañada de alteracións físicas.
    3. desorde disociativo / PAT/PSIC Alteración da personalidade que provoca que o individuo adopte identidades diferentes.
    4. desorde estacional afectivo / PAT/FISIOL Alteración do sono e do apetito debido a unha produción excesiva de melatonina.
    5. desorde obsesivo-compulsivo / PAT/PSIC Enfermidade mental que oscila entre comportamentos violentos e actitudes obsesivas sobre as consecuencias de sucesos pasados.
    6. desorde sexual / PAT/PSIC Alteración da conduta que inclúe, entre outros, a pedofilia, o masoquismo, o exhibicionismo e o sadismo.
    1. s m Alteración da orde pública.
    2. desordes públicas DER Delito contra a seguridade interior do Estado que comete ou que causa tumulto ou perturba gravemente a orde pública, sexa en lugares oficiais ou en actos públicos oficiais ou privados.

Antónimos

Citas

  • Hai tanta desorde nesta biblioteca que non atopo ningún libro dos que busco

Refráns

  • A desorde é pai da orde.
  • Quen anda ao revés, anda o camiño máis dunha vez.
  • Todo anda ao revés: abaixo a cabeza e arriba os pes.