desobediencia

< desobedecer
Plural: desobediencias
  1. s f Acción de desobedecer.
  2. DER
    1. s f Actitude negativa ante o cumprimento das ordes emanadas da autoridade no exercicio das súas funcións.
    2. desobediencia civil Actitude que consiste no incumprimento consciente, público e sistemático das obrigas establecidas por disposicións lexislativas consideradas inxustas por aqueles que a practican.

Antónimos

Citas

  • A desobediencia é motivo de arresto no exército
  • Rífanlle a miúdo pola súa desobediencia

Refráns

  • Ó criado mal mandado poñerlle a mesa e mandalo a un recado.
  • Ó criado mal mandado, poñerlle a mesa e mandala ao recado.