desmineralización

< desmineralizar
Plural: desmineralizacións
  1. s f QUÍM Operación en que se eliminan os compostos minerais da auga para obter outra libre de sales.
  2. s f PAT Eliminación de cantidades excesivas de substancias minerais que se produce sobre todo en determinadas enfermidades ou polo uso prolongado de certos fármacos. Elimínanse principalmente a través dos ouriños ou dos excrementos.

Sinónimos