desigualdade socialSOCIOLDiferenzas socioeconómicas que amosan un desequilibrio.
sfMAT
Expresión mediante a que se indica a carencia de igualdade que existe entre dúas cantidades ou expresións.
Dada unha relación de orde nun conxunto C, expresión que indica a relación entre dous elementos determinados.
desigualdade de BernoulliMATDesigualdade que establece que se dous números reais, x e a, satisfán x > -1 e a > 1, entón (1+x) a > 1+ax.
desigualdade de ClausiusFÍSRelación que expresa que nun proceso cíclico ao longo do que un sistema termodinámico recibe as cantidades de calor dQ 1 ...dQ n, de fontes térmicas mantidas ás temperaturas T 1 ...T n, a suma das cantidades dQ i /T i estendida a un ciclo é negativa ou nula.
desigualdade de MinkowskiMATDesigualdade que establece que o módulo da suma de dous vectores é igual ou menor que a suma dos módulos dos vectores.
desigualdade de SchwarzMATDesigualdade que se cumpre en todo espazo vectorial E dotado dun produto escalar < , >, expresada po |<x,y>| 2 ? <x,x><y,y>.