desgraciado -da

< desgraciar
Plural: desgraciados Masculino: desgraciado Masculino plural: desgraciados Feminino: desgraciada Feminino plural: desgraciadas
  1. p reg desgraciar.
  2. adx Que sofre unha desgraza. Tm s.
  3. adx Que está dominado pola mala sorte.
  4. adx Que comporta ou causa desgraza.
  5. s Persoa que merece desprezo.

Citas

  • Casou cun desgraciado que lle fixo a vida imposible
  • Descendía dunha familia desgraciada á que nunca lle sorriu a fortuna, É un desgraciado ao que nada lle sae ben
  • Enviaron axuda para aquelas desgraciadas xentes víctimas da miseria, Deulle cartos a un desgraciado que pedía nun banco do parque
  • Para nós fora un día desgraciado
  • Un desgraciado suceso impediu que se realizasen os seus soños

Refráns

  • A hora mala é para quen a esquece, que ela estaba deitada.
  • A peor gracia é caer na desgracia.
  • Alá vai o mal onde comen ovos sen sal.
  • Da árbore que está no chao, todos cortan un ramallo.
  • Dos desgraciados nacen os avisados/escarmentados.
  • Moito mal espanta e pouco mata.
  • Ó malo ninguén se afai.
  • Polo seu mal nacéronlle ás á formiga.
  • Unha no ano, e esa non ten dano.
  • ¡Alá vaias, mal, onde che poñan bo cabezal!