desfondar

< des- + fondar
  1. v t Quitar ou romper o fondo a algo.
  2. v t Facer perder completamente as forzas, as enerxías ou o ánimo a alguén.
  3. v t Remover a terra profundamente.
  4. v pron Romperse o fondo dalgún obxecto.
  5. v pron Perder completamente as forzas despois de realizar un esforzo físico ou mental.

Confrontacións

Citas

  • A maleta desfondouse e caeulle toda a roupa no medio da rúa
  • Agora que desfondei a ola non sei onde imos cociñar
  • Aquela escaleira tan longa desfondounos antes de chegar arriba
  • Desfondaron os bocois para lavalos
  • Desfondaron un anaco de monte para plantar castiñeiros
  • Desfondouse a barca e xa non poden ir pescar
  • Desfondouse de tanto carrexar mobles
  • Desfondouse o pipote de dúas olas
  • O golpe contra as rochas desfondou a dorna
Verbo: desfondar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondo

desfondas

desfonda

desfondamos

desfondades

desfondan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondaba

desfondabas

desfondaba

desfondabamos

desfondabades

desfondaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondei

desfondaches

desfondou

desfondamos

desfondastes

desfondaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondara

desfondaras

desfondara

desfondaramos

desfondarades

desfondaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondarei

desfondarás

desfondará

desfondaremos

desfondaredes

desfondarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondaría

desfondarías

desfondaría

desfondariamos

desfondariades

desfondarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfonde

desfondes

desfonde

desfondemos

desfondedes

desfonden

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondase

desfondases

desfondase

desfondasemos

desfondasedes

desfondasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondar

desfondares

desfondar

desfondarmos

desfondardes

desfondaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

desfonda

-

-

desfondade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

desfondar

desfondares

desfondar

desfondarmos

desfondardes

desfondaren

Xerundio

desfondando

Participio

desfondado

desfondada

desfondados

desfondadas