adxRelativo ou pertencente aos agostiños, a santo Agostiño e á súa doutrina.
RELIX
sMembro dunha orde ou congregación agostiña.
agostiño da AsunciónMembro dunha congregación relixiosa fundada en 1845 polo pai de Alzon.
agostiño descalzoMembro da orde relixiosa xurdida a partir da reforma iniciada por Andrés Díaz en Nápoles en 1592. Une a vida contemplativa coa activa.
cóengo regular agostiñoMembro dunha orde relixiosa xurdida como reforma dos cóengos en tempos da reforma gregoriana que recollía as experiencias dos monxes de San Rufo de Aviñón, fundada en 1309.
ermitán agostiñoMembro da orde mendicante creada polo papa Alexandre IV (1256).
ermitán agostiño reformadoMembro dunha orde relixiosa xurdida como reforma da congregación dos ermitáns de santo Agostiño, na Provincia de Castela, presidida entón por frei Luís de León (1537-1591).