desemprego

< desempregar
Plural: desempregos
  1. s m ECON/SOCIOL Situación de quen carece de ocupación.
  2. prestación por desemprego Protección dispensada en España aos parados que se atopan en situación de desemprego contributivo e que ten por obxecto substituír as rendas salariais que se deixan de percibir.
  3. subsidio de desemprego Prestación outorgada aos individuos que se atopan nunha situación de desemprego asistencial, caracterizados por unhas circunstancias específicas que dificultan a súa reinserción no mercado de traballo para garantir a súa protección.

Sinónimos