desconectador -ra

Plural: desconectadores Masculino: desconectador Masculino plural: desconectadores Feminino: desconectadora Feminino plural: desconectadoras
  1. adx Que desconecta.
  2. s m TECNOL Aparato que serve para desconectar unha parte dunha liña ou dunha instalación eléctrica separándoa ou seccionándoa do resto.
  3. desconectador de batería TECNOL Interruptor que teñen algúns automóbiles mediante o que se desconecta á vontade un dos bornes da batería do resto do circuíto eléctrico.
  4. desconectador de bobina TECNOL Dispositivo antirroubo que interrompe a chegada de corrente da batería ao circuíto primario da bobina.