aglutinante

< aglutinar
Plural: aglutinantes
  1. adx Que aglutina.
  2. s m Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.
  3. s m CONSTR Material que serve para trabar os morteiros ou como elemento de unión entre as pezas dun muro.
  4. s m IND Substancia empregada en fundición para evitar que a área que compón os moldes se disgregue.
  5. s m PINT Substancia líquida na que se dilúen os pigmentos pictóricos unindo as súas partículas.
  6. s m QUÍM/IND Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

Sinónimos

Citas

  • Con este aglutinante especial non vai romper máis
  • Todas estas son substancias aglutinantes