descalcificación

< descalcificar
Plural: descalcificacións
  1. s f XEOL Forma de erosión que consiste na desaparición do carbonato cálcico das rochas calcarias.
  2. s f PAT Diminución do calcio dos ósos ou doutros tecidos.
  3. s f XEOL Eliminación do calcio presente no complexo de absorción do solo.
  4. s f QUÍM Eliminación, nunha auga dura, dos catións Ca 2+ e Mg 2+ , transformándoa en auga branda.