aglomeración

< lat agglomeratione
Plural: aglomeracións
  1. s f Acción e efecto de aglomerar ou aglomerarse.
  2. s f Agrupamento moi grande de cousas ou persoas.
  3. s f Agrupamento de substancias en pó nunha masa compacta.
  4. s f Conxunto de vivendas compacto e de calquera dimensión.
  5. s f Acción de reunir partículas de pequenas dimensións, homoxéneas ou heteroxéneas, en masas, máis ou menos compactas, de maior dimensión, sen facelas pasar polo estado líquido. Casos particulares de aglomeración son a granulación, a nodulación, a compactación, a sinterización e, en termos xerais, a extrusión.

Citas

  • A aglomeración de materiais provocou un atasco no conducto
  • A aglomeración de tanta xente producíame afogo

Palabras veciñas