des-

< lat dĭs ou dē + ĕx
  1. pref Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de inversión do significado da palabra simple.
  2. pref Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carencia’ ou ‘negación’.
  3. pref Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘exceso’.
  4. pref Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras cun significado intensificador.
  5. pref Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fóra de’.

Citas

  • descentrar, desmarcar
  • desconfiar, desprestixiar
  • descoser, desfacer
  • deslinguado
  • desvivirse