derivación

< lat derivatĭōne
Plural: derivacións
  1. s f Acción e efecto de derivar ou derivarse.
  2. s f MED Desviación artificial do sangue, de líquidos ou de procesos inflamatorios, dunha parte a outra.
  3. s f MED Cada un dos puntos nos que se fai o exame da actividade eléctrica dunha parte do organismo, especialmente no electrocardiograma e no electroencefalograma.
  4. s f LING Procedemento morfolóxico de creación de novas palabras que consiste na combinación dun lexema ou raíz e un ou varios afixos. Distínguese entre derivación por prefixación, derivación por sufixación e por parasíntese.
  5. MAT
    1. s f Busca da derivada dunha función.
    2. derivación baixo o signo integral Derivación dunha función que se formula mediante unha expresión integral.