depuración

< depurar
Plural: depuracións
  1. s f Acción de depurar.
    1. s f ALIM Operación industrial que consiste en eliminar o contido dos microorganismos.
    2. depuración de augas residuais TECNOL Tratamento ao que se someten as augas residuais das poboacións ou das industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos.
  2. s f POLÍT Acción política encamiñada a manter e garantir a homoxeneidade político-ideolóxica dun réxime político mediante a eliminación dos membros considerados perigosos ou contrarios, ou acusados de colaborar co inimigo.
  3. depuración plasmática FISIOL olume de plasma que depura o ril ou outro órgano dunha substancia determinada e nunha unidade de tempo.