depósito de cadáveresSala ou dependencia anexa, xeralmente nun centro hospitalario ou nun cemiterio, onde se depositan os cadáveres para instruír as dilixencias oportunas e efectuar a autopsia.
smRecipiente que contén un material sólido, líquido ou gasoso.
depósito de gravidadeAERONDepósito de combustible que alimenta os motores aproveitando só o peso do combustible.
smXEOLAcumulación natural de mineral sólido, líquido ou gasoso na terra.
smARQUEOLacubillo.
DER
smContrato real mediante o que unha parte libra temporalmente unha cousa a outra parte, que a recibe coa obriga de custodiala, conservala e devolvela cando sexa reclamada pola primeira.
depósito bancarioModalidade de depósito na que o cliente entrega unha suma de diñeiro ao banco, formalizándose a operación e contraendo a obriga a institución de devolverlle as sumas recibidas cando fose requirido polo depositante.
depósito xudicialDepósito que ten lugar cando se decreta o embargo ou aseguramento de bens litixiosos.
depósito electrolíticoINDRevestimento metálico obtido por superposición electrolítica sobre os metais ferrosos ou aliaxes de aluminio.
depósito legalBIBLIOTObriga que teñen os impresores e os produtores nalgúns países de entregar un número determinado de exemplares de toda clase de impresos ou materiais audiovisuais, reproducidos en forma múltiple e destinados á difusión.