depoñente

< lat depōnente
Plural: depoñentes
  1. adx Que depón. Tm s.
  2. LING
    1. adx Aplícase á voz media do latín, é dicir, a aqueles verbos que expresaban que a acción realizada polo suxeito recaía sobre el ou sobre as súas cousas.
    2. depoñente activo erbo latino con desinencias activas e significación pasiva.
  3. s DER Persoa que efectúa un depósito, polo que entrega a outra, o depositario, unha cousa moble para que a garde ata que a primeira lle reclame a súa devolución.