dependencia

< lat dependentĭa, p pres de dependēre ‘depender’
Plural: dependencias
  1. s f Sección ou departamento que depende dunha organización superior.
  2. s f Lugar, cuarto ou edificio que forma parte dunha construción maior.
  3. s f DER Situación na que se atopa quen traballa por conta doutro e baixo a súa dirección.
  4. s f ECOL Relación que mantén un ser vivo cos outros membros da biocenose e cos factores ambientais polos que está condicionado.
  5. s f ADM Territorio que depende da administración dun Estado ou doutra división administrativa.
  6. s f LING Relación sintagmática fundamental que se crea no discurso entre un elemento x e un elemento y se a elección ou manifestación de y está condicionada pola natureza de x.
  7. s f MAT ínculo relacional ou funcional entre dúas variables, de xeito que os valores duns están condicionados polos dos outros.
  8. s f MED/PSIC Necesidade de continuar a administración dunha droga cando se adquiriu o hábito.

Citas

  • A empresa ampliou as súas dependencias dentro do edificio
  • A súa dependencia materna tróuxolle moitos problemas cando casou
  • Traballan na mesma empresa e na mesma oficina pero pertencen a distintas dependencias