denso -sa

< lat densu
Plural: densos Masculino: denso Masculino plural: densos Feminino: densa Feminino plural: densas
  1. adx
    1. Aplícase á materia ou substancia que ten unha relación masa/volume elevada.
    2. Que está constituído por elementos moi xuntos e que están contidos en pouco espazo.
    3. Que contén moito contido en relación coa extensión.
  2. adx MAT
    1. Aplícase a un conxunto C totalmente ordenado tal que entre dous elementos calquera, a e bC, hai un terceiro elemento c.
    2. Aplícase a un subconxunto A respecto a outro BT, nun espazo topolóxico T, de xeito que se cumpre que todo punto de B é un punto adherente de A.

Citas

  • A poboación nas cidades é moito máis densa ca nas aldeas, As árbores do xardín están moi densas e afogan o céspede
  • O aceite é máis denso cá auga
  • O conferenciante pronunciou un discurso moi denso, Está lendo un libro moi denso é non dá avanzado na lectura