densidade

< lat densĭtāte
Plural: densidades
  1. s f Calidade de denso.
  2. FÍS/IMAX
    1. s f Magnitude óptica igual ao logaritmo decimal da inversa da transmitancia τ ou da reflectancia ρ dun medio, transmisor ou reflector respectivamente.
    2. densidade de fondo Densidade óptica das zonas non expostas dun negativo ou dunha copia fotográfica.
    3. densidade fotográfica Medida da opacidade dunha emulsión fotográfica.
  3. ECOL
    1. densidade absoluta/bruta Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo total.
    2. densidade de poboación Número de individuos dun grupo definido presentes nunha unidade territorial determinada, que no caso das plantas, se relaciona coa distancia media entre individuos adxacentes.
    3. densidade ecolóxica Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo habitable, que é a área ou o volume dispoñible.
  4. ASTRON
    1. densidade cósmica Razón entre a masa total contida no Universo e o seu volume.
    2. densidade de fluxo Potencia emitida por un obxecto, por unidade de superficie e por unidade de amplitude espectral, medida xeralmente en frecuencias.
    3. densidade estelar Número de estrelas por unidade de volume.
  5. BÉL
    1. densidade de carga Relación entre o peso dun explosivo expresado en quilogramos e a capacidade ou volume interior da cámara de explosión.
    2. densidade de fogo Número de impactos efectuados cunha arma de fogo por unidade de lonxitude ou de superficie. É a característica que permite xulgar mellor un tiro de fusil.
  6. densidade aparente XEOL Densidade relativa dun solo respecto á auga.
  7. densidade de poboación DEMOG Concepto e indicador da xeografía da poboación que constitúe a correlación máis elemental entre a poboación e o espazo.
  8. densidade de tráfico TRANSP Número de vehículos que nun momento determinado circulan por unidade de lonxitude dunha calzada ou vía.
  9. densidade potencial METEOR Densidade que adquire unha masa de aire seco ao ser levada adiabaticamente e reversiblemente a unha determinada presión de referencia.
  10. FÍS
    1. s f Cantidade de masa por unidade de volume, que ten a mesma relación respecto ao peso específico ca a masa respecto ao peso.
    2. densidade de corrente/ corrente eléctrica [j] Cociente entre a intensidade de corrente (I) que pasa por un condutor lineal e a área da sección transversal (S) do condutor; j=I/S.
    3. densidade de carga eléctrica Carga por unidade de superficie ou volume, nun punto do espazo no que hai unha distribución de cargas eléctricas.
    4. densidade de enerxía [w] Enerxía por unidade de volume presente nun espazo.
    5. densidade relativa [d] Cociente entre a densidade dunha substancia e a densidade dunha substancia de referencia, medidas ambas as dúas nunhas determinadas condicións.

Citas

  • A densidade da néboa provocou un choque en cadea na autovía