denegación

< lat denegatĭōne
Plural: denegacións
  1. s f Acción de denegar.
  2. s f LIT Termo introducido por Anne Übersfeld nos estudos dramáticos. A base do concepto reside en que o receptor dunha peza teatral considera que a mensaxe que se lle transmite é unha ficción.
  3. denegación de auxilio DER Delito que comete o funcionario público que requirido para prestar a axuda, á que está obrigado polo seu cargo, se abstén de facelo sen causa xustificada.
  4. denegación de proba DER Decisión do xuíz ou tribunal de non admitir a proba proposta polas partes.