abeto

< lat v abēte lat c abiĕte
Plural: abetos
  1. s m PLANTA Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes, presentes só nos macroblastos.
  2. abeto branco PLANTA Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.
  3. abeto caucasiano PLANTA Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.
  4. abeto de Douglas PLANTA Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.