degradación

< lat degradatĭōne
Plural: degradacións
  1. s f Acción e efecto de degradar ou degradarse.
  2. s f ECOL Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.
  3. s f PAT Cesamento do desenvolvemento dun órgano.
  4. s f QUÍM Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo.
  5. s f XEOG Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.
  6. s f XEOL Evolución dun solo de xeito desfavorable.
  7. DER
    1. s f Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais.
    2. degradación canónica Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.
    3. degradación penal militar Degradación formal sobre a indignidade de vestir o uniforme militar e as súas insignias.
  8. PINT
    1. s f Diminución das figuras dun cadro segundo as leis da perspectiva.
    2. degradación da luz Moderación das tonalidades claras naqueles elementos que están máis distantes nun cadro.
    3. degradación de cor Diminución ou moderación da tinta nos termos que se consideran máis afastados.
  9. degradación da enerxía FÍS Transformación da enerxía dun sistema, dunha forma a outra menos apta para a realización dun traballo mecánico debido ao aumento da entropía.
  10. degradación térmica CLIMAT alor do cambio de temperatura que se rexistra por mor do incremento da altitude na atmosfera.

Confrontacións

Citas

  • Os científicos están loitando contra a degradación da atmosfera