deformación

< lat deformatĭōne
Plural: deformacións
  1. s f Acción e efecto de deformar ou deformarse.
  2. FÍS
    1. s f ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, que se produce cando cambian as forzas internas.
    2. deformación elástica Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan.
    3. deformación plástica Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa.
    4. enerxía de deformación Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme.
  3. s f IMAX Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.
  4. deformación profesional PSIC Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.
  5. deformación tectónica XEOL Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre.