deflexión

< lat deflexĭōne ‘declinación, afastamento’
Plural: deflexións
  1. s f FÍS Desviación dos raios, nun tubo de raios catódicos, mediante a que os electróns procedentes do canón poden acadar calquera punto da pantalla.
  2. CONSTR
    1. s f Deformación en dirección vertical da superficie dun firme ou dunha explanación debido á aplicación dunha carga.
    2. deflexión dinámica Deflexión producida nunha zona dun firme, debido ao efecto dunha carga de impacto ou das vibracións procedentes do tránsito.
  3. AERON
    1. s f Desviación e reorientación do fluxo de gases de escape dun foguete ou dun motor de reacción.
    2. ángulo de deflexión alor da proxección, sobre o plano de simetría, do ángulo no que resulta desviada a corrente de aire por unha á ou por un corpo calquera.
  4. s f FISIOL Extensión da cabeza do feto durante o parto.