déficit

< lat deficĕre ‘faltar’
Plural: defensas
  1. ECON
    1. s m Cantidade que falta para que os ingresos se equilibren cos gastos ou o haber co deber.
    2. déficit da balanza de pagamentos Exceso de importacións voluntarias de bens, servizos e valores financeiros superiores a exportacións similares.
    3. déficit orzamentario Exceso dos gastos públicos, superiores aos ingresos estatais, durante o ano financeiro.
  2. s m p ext Escaseza ou falta de algo que se considera necesario.
  3. déficit de saturación FÍS Medida da humidade do aire que se expresa como a diferenza entre a presión de saturación e a presión do vapor de auga que hai no aire.
  4. déficit hídrico XEOG Relación negativa que se establece entre a precipitación meteórica e a humidade no solo requirida para o desenvolvemento óptimo dunha determinada especie vexetal, en función da evapotranspiración potencial.

Antónimos

Citas

  • Este ano houbo déficit na producción de viño e non se puido satisfacer a demanda dos clientes
  • Tiveron que despedir varios traballadores polo déficit que presentaban as contas da empresa