decepción

< lat deceptĭōne
Plural: decepcións
  1. s f Impresión negativa que se experimenta cando algo ou alguén non é ou non actúa como se esperaba.
  2. s f Persoa ou cousa que fai sentir a outra esta impresión.

Citas

  • Levei unha gran decepción cando vin o regalo, pois non me gustaba nada, O seu comportamento produciume unha gran decepción, xa que non esperaba que actuara de forma tan ruín
  • O aspirante resultou ser unha decepción para todos os espectadores

Palabras veciñas