decantación

< lat decantatĭōne
Plural: decantacións
  1. s f Acción ou efecto de decantar ou decantarse.
  2. s f XEOL Selección, a partir da medida e do peso específico, que se efectúa sobre as partículas transportadas por unha corrente de auga, de aire ou de magma.
  3. s f FÍS Operación que consiste en separar pola gravidade dúas ou máis substancias inmiscibles entre elas, sempre que teñan distintas densidades e que, polo menos, unha sexa líquida.

Palabras veciñas