debuxo

< debuxar
Plural: debuxos
  1. s m Representación gráfica de algo.
    1. s m Arte de facer un debuxo.
    2. debuxo artístico Sistema de representación plástica baseado na copia de obras de arte ou na reprodución en perspectiva e sombreado de obxectos ou conxuntos reais.
    3. debuxo do natural Debuxo realizado diante do modelo que se quere debuxar.
    4. debuxo lineal Sistema de debuxo que se emprega para a representación, xeralmente a escala, de planos, seccións, alzados, plantas ou esquemas.
    1. s m ARTE Conxunto de formas representadas sobre unha superficie mediante liñas ou manchas, normalmente dunha soa cor.
    2. s m IMAX Imaxe que se obtén a partir dunha fotografía repasando a figura con tinta chinesa e borrándoa fotograficamente, que ten unha grande aplicación no campo da publicidade e na confección de pósters e de carteis para o cine.
    3. debuxos animados IMAX Xénero cinematográfico baseado tecnicamente na representación de debuxos que, ao ser proxectados nunha serie de instantáneas cun movemento continuado, parece que teñen vida.
  2. s m Figura ou conxunto de figuras formada polo tecido duns encaixes, o ornamento dunha tea, os ferros dunha reixa ou calquera outra cousa.
  3. s m MÚS Plano dunha obra musical ou dunha liña melódica calquera.

Citas

  • Cos debuxos gañadores realizouse unha exposición
  • Puxéronlle unha mala nota na materia de debuxo