sfComposición musical e serie de movementos que se realizan seguindo os pasos do baile ou o ritmo da música.
danza das espadasDanza típica da festa do Corpus conservada en Galicia en poucos lugares a partir do s XIX.
danza das penlasDanza documentada desde o s XVI para conmemorar o desenvolvemento da captura dun dragón que saía da súa cova para levar as mozas da vila.
danza de arcosDanza en que os bailadores levan arcos ataviados con fitas de cores.
danza de fitasDanza bailada por un grupo de seis a doce persoas na que cada unha delas colle unha fita de cor que está prendida nunha pértega, que ás veces leva enriba un boneco que se move ao ritmo da danza.
danza de pausDanza de orixe moi antiga, que se documenta en toda a Península Ibérica, e na que participan entre oito e dezaseis bailaríns que danzan cun pau na man que se suxeita con fitas ao pulso e que levan un guía e, ás veces, van acompañados dun personaxe semellante ao rabelo.
sfEspectáculo de persoas que danzan.
sf colAsunto pouco claro e sospeitoso.
sfLITComposición poética provenzal de finalidade basicamente coreográfica. Está formada por un refrán e tres cobras.
ZOOL
sfMovemento ritualizado que algúns animais gregarios establecen nunha comunicación entre individuos da mesma especie.
danza das abellasMovementos que executan as abellas, no interior da colmea, cando atopan unha fonte de néctar ou de pole, para comunicarlle á colonia onde están e a que distancia.
danza nupcialSistema de comunicación animal que permite que os individuos dunha especie inicien as relacións necesarias para reproducirse.
danza da morteARTE/MÚS/LITDanza, ou a súa representación, na que intervén a figura da morte como alegoría do seu poder igualador.
Andou toda a noite de danza porque lle estivo a nena enferma, OBS: Xeralmente, constrúese seguido da preposición en, Estivo en danza ata que chegaron os convidados
Non sei cómo fas, mais sempre andas metido en danzas