dakota

< topónimo Dakota
Plural: dakotas
    1. adx Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.
    2. s Natural ou habitante de Dakota.
  1. ETN
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo dakota.
    2. s Individuo do pobo dakota.
    3. s m pl Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente ao N de América, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri. A súa poboación concéntrase nas reservas das dúas Dakotas e nun número menor en Nebraska, Montana, Minnesota e Alberta.
  2. s m LING Lingua amerindia de América do Norte que se divide  en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.