curuxa

Plural: curuxas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Rapaz nocturna, da familia dos estríxidos, de tamaño medio, cunha plumaxe de cor branca na cara e no peito e unha coloración críptica no dorso.
  2. curuxa común/albar ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos titónidos, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada.
  3. curuxa das xunqueiras ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos estríxidos, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case ocultos e de actividade diúrna.
  4. curuxa de Tengmalm ANIMAL/ORNIT moucho pirenaico.
  5. curuxa do souto ANIMAL/ORNIT Ave robusta, da familia dos estríxidos, que presenta unha plumaxe uniforme con pintas e marxes castañas sobre unha base que vai de arroibada a grisalla. OBS: Tamén se denomina avelaiona.
  6. curuxa gabián ANIMAL/ORNIT Rapaz, da familia dos estríxidos, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas.
  7. curuxa nival ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos estríxidos, que se caracteriza pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas. OBS: Tamén se denomina bufo nival.

Refráns

  • Auga noitega, curuxa tardega.

Formas incorrectas

coruxa