curia

< lat curĭa
Plural: curias
  1. RELIX
    1. s f Conxunto de organismos administrativos, xudiciais e de goberno para os asuntos eclesiásticos.
    2. curia diocesana Organismo ao servizo do bispo e composto por diferentes membros administrativos e xudiciais.
    3. curia romana Organismo ao servizo do papa que rexe a Igrexa católica.
  2. s f DER Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.
  3. s f HIST División administrativa do pobo romano vinculada a unha organización de tipo territorial creada polos etruscos.
  4. s f HIST Senado ou asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formado polos decurións.
  5. s f HIST Edificio do foro, na antiga Roma, onde tiñan lugar as asembleas civís ou as relixiosas.
  6. curia rexia HIST Corte do monarca medieval derivada do comitatum xermánico.