curador -ra

< lat cūrātōre
Plural: curadores Masculino: curador Masculino plural: curadores Feminino: curadora Feminino plural: curadoras
  1. s DER Persoa física ou xurídica designada en testamento ou xudicialmente para exercer unha función tutelar dos menores emancipados, incapacitados e pródigos, baixo a salvagarda do xuíz, en todos aqueles actos que por imperativo legal non poden realizar por si mesmos.
  2. curador de fideicomisos DER Persoa ou persoas designadas polo causante, ou de modo subsidario polo xuíz, que teñen que representar e defender os intereses dos fideicomisarios non nacidos nin concibidos, ou dos fideicomisarios que só teñen a personalidade determinable por algún acontecemento futuro.