cunca

< lat concha ‘cuncha de molusco’
Plural: cuncas
  1. s f
    1. Recipiente cóncavo, de perímetro circular e de boca ancha, para beber ou tomar alimentos líquidos.
    2. Cantidade de substancia que cabe no interior dunha cunca.
  2. s f ANAT Cavidade dentro da que se localiza o ollo.
  3. s f METROL Medida de capacidade para áridos equivalente a 1/16 de ferrado.
  4. s f XEOG Depresión de orixe estrutural entre montañas.
  5. s f XEOG Depresión no fondo dos océanos de grande extensión e relevo uniforme.
  6. XEOG
    1. cunca de recepción Parte alta dun torrente ou río, de forma triangular, onde se reúnen as augas seguindo unha rede de sucos converxentes ata formar a canle ou o curso medio do torrente.
    2. cunca fluvial Territorio que resulta drenado por un mesmo río e a súa rede de afluentes.
  7. cunca mineira XEOG/IND Filón extenso ou grupo de filóns explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e xeográfica.
  8. cunca sedimentaria XEOL Depresión dentro da que se depositan materiais.
  9. técnica de cunca/aresta Sistema de esmaltación cerámica que consiste na colocación dos vernices sobre os ocos ou cuncas que se realizaron na arxila antes da cocción e que impiden a mestura de cores.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Bebeu dúas cuncas de viño despois de xantar
  • Comprou media ducia de cuncas para viño
  • Ó mazar o leite, ponlle a cunca para que non bote por fóra
  • Traía un parruliño na cunca da man

Formas incorrectas

taza